ARTES
Ilustración y Diseño de Cómic son las puertas de acceso al futuro laboral para quienes no conciben la realidad sin un lápiz en la mano con el que transformar un papel en blanco en un universo narrativo. Ilustración se imparte tanto en la EASD Pablo Picasso de A Coruña como en la Antonio Faílde de Ourense, y se centra en la creación de imágenes que acompañan, refuerzan o interpretan un texto o una idea. Las escuelas destacan por su conexión con el mundo editorial y el diseño gráfico gallego, fomentando una ilustración muy versátil y aplicada a la comunicación profesional.
Por su parte, impartida en la Escuela de Artes Plásticas y Diseño de Vigo, Diseño de Cómic está especializada en la narrativa secuencial, profundizando en la creación de guiones, el estudio de la anatomía en movimiento, el ritmo narrativo y la composición de viñetas.
En ambos casos, se requiere una constancia absoluta en la práctica del dibujo, mente observadora y una gran capacidad de síntesis visual. Las salidas laborales, están en el mundo editorial, el diseño de personajes para videojuegos y animación, dibujo científico y técnico; o gestión de obra propia en galerías.
Precio en la ESAP de Vigo: 5.250 euros
Cualidades
• Gusto por el dibujo
• Mente observadora
• Curiosidad por el arte
• Capacidad de síntesis
Salidas profesionales
• Ilustración editorial
• Creación de cómics
• Concept art
• Diseño de personajes para videojuegos
• Storyboarding para cine
• Publicidad
• Dibujo científico
Hada Galán, Lugo: «Aprendes a debuxar mellor e respéctase a túa creatividade»
Belas Artes adoita ser o camiño polo que dirixen a quen mostra interese polas artes plásticas. «Pero eu estaba buscando algo máis específico», lembra Hada Galán, que estuda Ilustración na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, na Coruña. «Todo o que aprendemos está enfocado a debuxar e a ilustrar», conta. Non só se trata de aprender a debuxar mellor, senón tamén de empregar as ferramentas, as cores e as aplicacións informáticas. Para Hada, o mellor dos estudos de Ilustración é que «respectan moito a túa creatividade aínda que te orienten e che ensinen a ser mellor». Todo acontece en clases que son moi diversas e nas que, en cada trimestre, completan varios proxectos. «Poden ser de deseño de personaxes, de portadas, ou de técnicas gráficas», enumera.
E eses son só algúns exemplos. En Técnicas Gráficas aprenden como debuxar con acrílicos, lapis de cores ou rotuladores; e nas materias máis teóricas estudan cuestións como a teoría da cor ou a historia da ilustración. «A que máis me gusta é a materia de Proxectos», desvela. Trátase dunha disciplina teórica-práctica que se aproxima moito ao día a día do mundo laboral e na que se aprende «a facer unha memoria e a documentar o teu traballo, que é o que che piden cando saes do ciclo». De cara ao futuro, Hada teno claro. O que quere é seguir formándose e «aprender a tatuar». Xa leva anos traballando como pintacaras en diferentes eventos, e a tatuaxe sería para ela «simplemente como subir un nivel».
Cartas de tarot a Boloña
Alén dos proxectos que entregou para as diferentes materias, lembra emocionada a súa participación nun concurso. Tivo un mes enteiro para realizar cinco ilustracións sobre un tema concreto e envialas a Italia. «Foi como unha montaña rusa, porque o pasei mal pero acabei creando a cousa máis bonita que fixen nunca». O resultado: cinco cartas de tarot nas que reflectiu, con forma de demos, os cinco medos do artista: «O perfeccionismo, o bloqueo creativo, a síndrome do impostor, a comparación e a crise de identidade»