Una titulación multidisciplinar que analiza el movimiento humano desde perspectivas biológicas, sociales y educativas. La primera condición para los aspirantes es que sean entusiastas del deporte, con liderazgo, empatía y compromiso con los hábitos saludables.
En Galicia, la titulación se imparte en dos centros: la UDC, en Bastiagueiro, Oleiros; y la UVigo en Pontevedra. La principal diferencia radica en su enfoque y trayectoria: el centro coruñés es el decano en la comunidad, con una orientación muy consolidada hacia el alto rendimiento y la investigación biomecánica. Como novedad, este año va a incorporar una mención dual. Por su parte, la carrera en Pontevedra destaca por su integración en un campus especializado en salud y calidad de vida, con un enfoque muy dinámico hacia la gestión y la recreación. Un requisito indispensable para acceder es superar las Probas de Aptitude Física, que incluyen natación, carrera y circuitos de agilidad, aparte de la nota de corte de la PAU.
Las salidas laborales incluyen la docencia, el entrenamiento deportivo o la preparación física para la salud y la animación sociocultural.
Cualidades
• Disciplina
• Liderazgo • Capacidad analítica
• Vocación educativa
• Resiliencia física
• Espíritu competitivo
• Habilidad motriz
• Empatía
Salidas profesionales
• Docencia
• Entrenador
• Preparador físico
• Gestión deportiva
• Turismo activo
• Deporte adaptado
• Alta competición
Mario Gude, Xinzo de Limia: «Empregamos o xogo para adquirir os contidos das materias»
O deporte estivo sempre na vida de Mario Gude. Practicouno dende neno, e os profesores de Educación Física que tivo no instituto, «moi bos referentes», animárono a matricularse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte en Pontevedra. Agora que está en cuarto, a piques de rematar, está satisfeito coa formación que recibiu. «A xente séguenos chamando despectivamente ‘‘os do chándal’’ polo estereotipo do profesor de Ximnasia, pero a carreira é moito máis ca iso», defende. Na Universidade de Vigo, o grao está orientado a varias saídas profesionais. Dende o rendemento a nivel deportivo ata a docencia, pasando pola xestión deportiva —a organización de eventos— e o traballo no ámbito da saúde, o que máis lle atrae a Mario. «Paréceme moi atractivo traballar con persoas da terceira idade, con xente que saíu dunha operación ou con deportistas lesionados que xa poden volver ao traballo», comenta.
Todo apunta a que vai ben encamiñado. Pola súa conta realizou varias formacións para traballar con persoas con discapacidade ou cativos, e este ano está a facer prácticas nun centro de readaptación. Alí, recibe a atletas de alto rendemento que precisan da axuda de profesionais coma el. En Ciencias da Actividade Física, hai materias que cobren ámbitos como a anatomía, a biomecánica ou a fisioloxía, moitas «case cento por cento prácticas». «Non vimos aquí só a pasar o balón; nas clases, empregamos o xogo coma unha ferramenta para adquirir os contidos das materias», di.
Un grao moi versátil
Sobre as calidades que se precisan para entrar nesta carreira —é necesario superar unha proba de acceso—, Mario asegura que «pode entrar calquera que queira superarse como persoa, que teña boa actitude e que queira mellorar a sociedade a través do exercicio». E todo, nunha facultade onde o alumnado «ten unha relación moi boa» co profesorado e co resto de compañeiros. «É unha envexa estudar esta carreira e cunha convivencia tan boa», subliña.