GUÍA DE ESTUDIOS SUPERIORES DE GALICIA

Xornalismo e Intelixencia Artificial

MÁSTER
Ramas del conocimiento:
CIENCIAS SOCIALES
Campus:
SANTIAGO. Plazas: 30.
Créditos: 60
Plazas: 30
Presencial: No
Semipresencial o virtual:
Propio:
Habilitante: No

Este novo máster que prevé implementar a USC no curso 2024/25, ten como obxectivos dotar aos novos comunicadores de coñecementos e ferramentas tecnolóxicas e dixitais que optimicen as súas relacións e prestacións laborai; que sexan capaces de realizar un acompañamento completo no proceso de realización de contidos informativos mediante sistemas e técnicas de intelixencia artificial e de facer testeo integral do funcionamento destes sistemas e extracción de conclusións sobre os seus beneficios e posibles desvantaxes derivado de malas prácticas profesionais.

A metodoloxía está baseada en: unha base teórica inicial; aplicación práctica dos coñecementos aprendidos mediante actividades e talleres; masterclass con expertos do sector; ideación e desenvolvemento de produtos xornalísticos mediante sistemas e ferramentas de intelixencia artificial; revisión e verificación dos produtos; testeo e monitorización de resultados; mediaLab: espazo de creación de produtos; o TFM está pensado para grupos de máximo 4 persoas e supoñerá unha continuación dos proxectos iniciados no MediaLab; non se realizarán prácticas vinculadas a unha formación específica do máster, pero aos 10 mellores expedientes ofreceráselles a realización de prácticas non remuneradas en Radiotelevisión Española con posterior entrada ao banco de contratación da corporación.