GUÍA DE ESTUDIOS SUPERIORES DE GALICIA

Produción de Leite

MÁSTER
Ramas del conocimiento:
CIENCIAS
Campus:
LUGO. Plazas: 12.
Créditos: 60
Plazas: 12
Presencial:
Semipresencial o virtual: No
Propio:
Habilitante: No

Desde hai uns anos diversos profesores da USC veñen achegándose ao Instituto Galego da Calidade Alimentaria /Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo da Xunta de Galicia, nun intento de crear sinerxias e de que a colaboración mutua e a interrelación da súa actividade investigadora e docente acadase ao sector lácteo galego.

Estas iniciativas levaron a ambos colectivos a cavilar sobre a importancia que tería para o sector lácteo galego, e en consecuencia para o sector agrario, a realización de actividades de formación, investigación e transferencia de coñecementos de xeito coordinado. A partir destas inquedanzas xerase a presente proposta de desenvolvemento dun Master propio da Universidade de Santiago de Compostela, que integre de xeito conxunto as potencialidades do CIAM e da USC, co obxectivo de formar a futuros técnicos para que desenvolvan a súa actividade no sector da produción de leite.

O máster estará dirixido cara a especialización no sector produtor lácteo de todas as titulacións universitarias vencelladas ao eido agropecuario. Aos alumnos se lles aportará
unha formación cunha orientación fundamentalmente profesional e práctica de xeito que permita ampliar a formación xeral das titulacións do sector agrario (Veterinaria, grao en
Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria ou o máster en Enxeñería Agronómica), e por outra banda cubrir a demanda de expertos en servizos técnicos especializados e de asesoría que demandan as explotacións e empresas do sector. Preténdese aproveitar a demanda do sector lácteo galego, cada vez máis dinámico, profesional e competitivo, que require de técnicos cada vez máis cualificados. Enténdese o master como unha ferramenta de formación continua e reciclado profesional imprescindible para o sector.

A metodoloxía ten cinco piares básicos: clases presenciais con contidos teóricos e prácticos; estudos de casos e realización de exercicios; conferencias maxistrais de expertos nacionais e internacionais; visitas a instalacións; e prácticas tuteladas en empresas e cooperativas que están prestando os seus servizos no sector da produción leiteira en Galicia.

O máster es presencial en Lugo os venres de tarde e sábados de mañá, e como é propio non ten subvención e costa 3.050 euros a matrícula.