HUMANIDADES
Lingua e Literatura Galegas, Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios e Filoloxía Aplicada en Galego e Español son as titulacións idóneas para os estudantes que desexen converterse en especialistas da lingua propia de Galicia, a súa historia, a súa produción literaria e a súa proxección social. Pódese cursar nas tres universidades públicas, cada unha cos seus matices: a USC destaca pola súa tradición investigadora, a UDC ofrece un enfoque vinculado á comunicación e a sociolingüística; e a UVigo integra o estudo do galego e o español.
O perfil do novo estudante debe estar marcado por un forte compromiso coa cultura propia, o hábito de lectura e unha excelente capacidade de expresión oral e escrita. É fundamental posuír unha mente aberta para a análise lingüística e interese polo contexto sociopolítico no que se desenvolve o idioma.
En canto ás oportunidades laborais, os graduados atopan saída na docencia, a normalización lingüística, a corrección e edición de textos, na creación literaria, no asesoramento lingüístico en medios de comunicación ou na xestión cultural.
UDC: Dobres graos
- Lingua e Literatura Galegas + Lengua y Literatura Españolas (11,76, nota de corte en xuño)
- Lingua e Literatura Galegas + Lengua y Literatura Inglesas (5,658, nota de corte en xuño)
Calidades
• Curiosidade intelectual
• Hábito de lectura
• Sensibilidade estética
• Capacidade analítica
Saídas profesionais
• Docencia
• Normalización lingüística
• Corrección e edición de textos
• Creación literaria
• Medios de comunicación