CIENCIAS DE LA SALUD
Profesionalizar el cuidado del ganado es la meta principal de esta titulación que prepara al alumnado para gestionar explotaciones ganaderas o para colaborar en la asistencia clínica veterinaria, tanto en animales de producción como de compañía. El alumnado aprende a monitorizar la salud de los animales, gestionar su alimentación y realizar curas o tomas de muestras bajo la supervisión de un facultativo.
Un aspecto distintivo de esta formación es su dualidad operativa: el titulado es capaz de dirigir el día a día de una granja moderna, pero también posee las competencias técnicas para asistir en quirófanos veterinarios o laboratorios de diagnóstico. Es el perfil idóneo para liderar la transformación digital del sector ganadero, utilizando software de gestión y tecnologías de ordeño o alimentación automatizada que optimizan la producción respetando el bienestar animal.
La oferta educativa se distribuye de manera estratégica en zonas de gran tradición agroganadera en Galicia. Debido a la creciente demanda de técnicos cualificados, el acceso a este ciclo suele requerir la superación de una nota de corte.
Cualidades
• Resistencia física
• Gusto por los animales
• Sentido de la responsabilidad
• Interés por el mundo rural
Salidas profesionales
• Granjas
• Empresas lácteas
• Clínicas veterinarias
• Técnico en sanidad animal
• Centros de inseminación artificial
Lucía Arias, Lalín: «En primeiro pasamos unha mañá enteira aprendendo a muxir»
Os seus bisavós emprenderon no sector primario cunha explotación gandeira e o seu legado perdurou ata chegar a Lucía Arias, que estuda o título superior de Gandaría e Asistencia Animal na CFEA de Sergude, en Boqueixón. A longo prazo, o seu obxectivo é tomar as rendas do negocio que agora xestionan os seus padriños, pero primeiro quere seguir formándose. «O ciclo está enfocado tanto para a gandaría como para auxiliar de veterinaria», explica. Nas clases, o contacto cos animais é frecuente. «O ano pasado tivemos unha materia sobre cabalos, e este curso temos todos os martes prácticas de doma», conta. Porque aínda que o ciclo «ten bastante teoría», a maioría das materias teñen a súa vertente práctica. «Tivemos unha semana na que tivemos que coller mostras de sangue e ouriños, e analizalas», asegura. Así é como aprenden todo o relacionado coa saúde dos animais e para iso contan cun pequeno laboratorio onde poñen en práctica todo o relacionado coa veterinaria.
Lucía, que recalou no centro de Sergude despois de estudar bacharelato, tamén salienta a importancia que teñen os traballos en grupo. «En primeiro puxéronnos en parellas e estivemos toda a mañá aprendendo a muxir e a facer todo o que fixese falta na explotación», asegura. Traballar a carón dos animais e aprender deles é o que máis lle gusta. «Con eles evádome. Pódente mancar, pero a relación con eles é moi fiel, máis que cos humanos se me apuras», di emocionada. «Porque estou mellor na granxa que na casa», recalca entre risas.
Porcos, ovellas, vacas e cabalos
Aos futuros estudantes recoméndalles que «saiban ao que van». Moitos dos seus compañeiros comezaron o ciclo pensando que ían traballar «con cans e gatos», e aínda que si se aprenda algo sobre eles no segundo ano, Lucía subliña que as prácticas son, principalmente, «con porcos, ovellas, vacas e cabalos». Para ela, o seguinte paso é facer prácticas cun veterinario de gando bovino e aprender sobre a reprodución: «É algo que me encanta».