INGENIERÍA
Una titulación extremadamente técnica que prepara al alumnado para realizar el mantenimiento preventivo y correctivo de aeronaves de ala fija con motor de turbina, sistemas eléctricos, aviónica y estructuras. Está regulado por estándares internacionales y tiene en la comunidad gallega un centro de referencia muy especializado: el CIFP As Mercedes de Lugo, que cuenta con instalaciones y aeronaves reales para las prácticas del alumnado.
Gracias a la formación dual, los estudiantes pueden integrarse en hangares y centros de mantenimiento punteros, obteniendo una proyección laboral internacional desde Galicia. Es la opción ideal para quienes buscan una carrera tecnológica de alto nivel donde la precisión sea la norma diaria.
Dada la enorme responsabilidad que conlleva, el perfil del alumno debe destacar por su responsabilidad y ética profesional, su capacidad de concentración y rigor, su aptitud técnica y manual, así como un nivel de inglés técnico para comprender la normativa internacional.
Cualidades
• Responsabilidad y ética profesional
• Capacidad de concentración
• Habilidades técnicas y manuales
• Nivel de inglés
Salidas profesionales
• Mantenimiento de aviones
• Aeropuertos
• Hangares
Paula Rubio, As Nogais: «Facemos prácticas con avionetas e desmontamos motores»
Paula Rubio aínda non fixera nin as prácticas do ciclo cando a contrataron nunha empresa para traballar como mecánica de helicópteros. «Ao principio sempre tes alguén axudándoche, pero é moita responsabilidade», sostén mentres lembra a primeira vez que se puxo diante dun aparello con hélices. Cando estaba no bacharelato tiña claro que quería estudar Enxeñaría Aeroespacial, pero a elevada nota de corte entremeteuse no seu camiño e acabou optando polo ciclo superior de Mantemento Aeromecánico no CIFP As Mercedes de Lugo. Aprendeu que traballar no ámbito da aviación ten pouco que ver con facelo cos coches. «Cando acabas Automoción xa es considerado mecánico, pero nesta profesión non», engade. Converterse nunha profesional do sector require aprobar certificacións e especializarse nos diferentes tipos de aeronaves que existen.
O ciclo comeza a andar con materias máis teóricas, «porque tes que aprender como funcionan os sistemas que ten un avión», pero decontado empezan a facer prácticas. Fanas con dúas avionetas e mais cun Falcon —o avión empregado por presidentes e xefes de Estado— que o Exército do Aire doou ao instituto lucense. «Temos materiais moi completos e é toda unha experiencia que poidas desmontar un motor enteiro e que logo o teñas que repoñer», desvela. Ademais, no instituto, sentiuse moi ben acollida dende o principio. «Cando entrei eramos só dúas mulleres e nin os profesores nin os compañeiros facían ningunha diferenza», asegura. Aínda que a paso lento, elas tamén van gañando protagonismo nun ámbito que, como outros, está moi masculinizado.
Saír da zona de confort
De cara ao futuro, a Paula gustaríalle traballar con avións e agora está preparando as materias para poder traballar con motores de pistón, aconséllalle o ciclo a quen «lle guste a mecánica e queira ir máis alá dos coches e das motos». Outra vantaxe do seu traballo, di, é que o sector «é bastante movido e podes traballar en moitos países».