Produción de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos

CICLO FP
Ramas del conocimiento:
HUMANIDADES
ARTES
Centros:
CIFP A FARIXA (PÚBLICO) OURENSE.
CIFP AUDIOVISUAL (Ordinaria, Modular Presencial) (PÚBLICO) VIGO. Nota bachillerato junio: 6.71
CIFP IMAXE E SON (Ordinaria, Modular Presencial, A Distancia) (PÚBLICO) CORUÑA, A.
ESCUELA DE IMAGEN Y SONIDO DE VIGO (EISV) ESAP (PRIVADO) VIGO.
ESCOLA DE IMAXE E SON TIC ((Ordinaria, Modular Presencial, A Distancia) (PÚBLICO) LUGO.

Una formación idónea para aquellos estudiantes que deseen liderar la logística y la viabilidad de cualquier proyecto creativo. Esta titulación de FP prepara al alumnado para gestionar los recursos humanos, materiales y financieros necesarios para llevar a buen término obras cinematográficas, programas de televisión, emisiones de radio o grandes eventos en vivo. El plan de estudios integra una visión empresarial y técnica y profundiza también en la fase de comercialización.
Cualidades como la organización y la capacidad de negociación son claves para este perfil profesional. Se buscan personas con dotes de liderazgo, capaces de trabajar bajo presión y con una gran facilidad para las relaciones humanas. Al finalizar, el titulado podrá ejercer como jefe de producción en cine o publicidad, productor de televisión, director de producción en eventos y festivales, o gestor de proyectos multimedia, convirtiéndose en el motor que hace posible que la creatividad se transforme en una realidad rentable.

Cualidades

  • Organización
  • Capacidad de negociación
  • Trabajo bajo presión

Salidas profesionales

  • Jefe de producción en cine o publicidad
  • Productor de televisión
  • Eventos y festivales
  • Proyectos multimedia

Anabel Domínguez, Crecente: «Fixemos unha curta, un documental e unha “sitcom”»

Mentres estudaba Preimpresión Dixital, Anabel organizou un evento ao estilo Got Talent no seu instituto. «E gustoume moito organizalo», lembra. Esa experiencia foi un antes e un despois. Cando descubriu o título superior de Produción Audiovisual e Espectáculos, viuno claro. «Dixen: “Isto pódeme interesar”; son unha persoa moi faladora e teño don de xentes», conta. Foi falar co orientador do IES Audiovisual de Vigo, e completou a inscrición. Agora que está en segundo, confesa que se cumpriron as súas expectativas e recoméndalle a calquera que queira estudar Produción «que non teña vergoña, porque se non, non podes estar neste ciclo». Ten toda a razón. Para formarse como produtora, cómpre facer moitas chamadas telefónicas e mobilizar, en ocasións, a moita xente.
«Está enfocado tanto para cine como para eventos ou teatro», relata. Os estudantes poden escoller a rama que queiran, pero en todas as materias aprenden a descifrar a complexidade de producir unha serie, un evento ou unha obra de teatro. «En cine, por exemplo, traballas moito antes das rodaxes, pero en eventos estás pendente de todo todo o tempo», asegura. Outro aspecto interesante do IES Audiovisual de Vigo é que fan moitos traballos cos compañeiros doutros ciclos. «En primeiro fixemos unha curtametraxe, e en segundo un documental e unha sitcom», explica Anabel. Do que se trata é de completar un amplo abano de actividades para saber como desenvolverse en calquera situación. O que tamén axuda, engade, é todo o material que teñen no centro, con «cámaras, iluminación e ferramentas de son de todo tipo».

A unha empresa de «casting»
En pouco tempo, Anabel marchará a Madrid para iniciar as prácticas, que realizará durante tres meses nunha empresa de casting e figuración. Mentres agarda por ese momento, está a producir unha curtametraxe con material do centro, «porque é moi importante saír, facer cousas fóra e coñecer xente. Logo, se traballas ben, xa tes todo feito», subliña.